Noite de caza para a curuxa

A curuxa sae de caza e lánzase en voo directamente cara á cámara. O fotógrafo canadense Connor Stefanison tivo que aplicar o seu enxeño para conseguir esta imaxe premiada. Escoitaba esta curuxa preto da súa casa, na Columbia Británica, e comezou a asexar os seus costumes. Así conseguiu esta foto. Stefanison colocou tres flashes automáticos en torno á súa cámara. Logo, situou un rato morto xunto ao obxectivo. E esperou. Pronto a curuxa saíu para capturar a súa presa. "Ela capturou ao rato, volveu á súa pola e comezou a chamar á súa parella, nunha das máis emocionantes chamadas que un poida escoitar na natureza", explicou o autor. A foto ten premio. Gañou nunha categoría de aves do certame Wildlife Photographer of the Year, do Natural History Museum de Londres.
A curuxa sae de caza e lánzase en voo directamente cara á cámara. O fotógrafo canadense Connor Stefanison tivo que aplicar o seu enxeño para conseguir esta imaxe premiada. Escoitaba esta curuxa preto da súa casa, na Columbia Británica, e comezou a asexar os seus costumes. Así conseguiu esta foto. Stefanison colocou tres flashes automáticos en torno á súa cámara. Logo, situou un rato morto xunto ao obxectivo. E esperou. Pronto a curuxa saíu para capturar a súa presa. “Ela capturou ao rato, volveu á súa pola e comezou a chamar á súa parella, nunha das máis emocionantes chamadas que un poida escoitar na natureza”, explicou o autor. A foto ten premio. Gañou nunha categoría de aves do certame Wildlife Photographer of the Year, do Natural History Museum de Londres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Camuflaxe nocturna: as curuxas brancas vólvense invisibles á luz da lúa

Un estudo no que participan dous investigadores galegos sinala que a plumaxe destes mouchos serve de xeito eficaz para o seu mimetismo

O fume dos incendios de Norteamérica cruza o Atlántico e tapa o ceo galego

A fumareda dos lumes que arrasan o oeste de Canadá é empuxada ata Europa e ocasiona unha lixeira bruma en varias zonas da península

Galicia cóbrese de nubes de fume procedente dos incendios de Canadá

As partículas non constitúen un perigo para as persoas xa que se concentran nas capas altas da atmosfera e disiparanse de cara ao mércores

A taxa de crecemento do bacallau rexistra mínimos onde faenaba o Villa de Pitanxo

A especie non acaba de recuperarse na zona de Flemish Cap pola baixa dispoñibilidade de alimento e o quecemento global, segundo un estudo