Venres 19 Abril 2024

EN DIRECTO | Un ano da pandemia: encontro coa científica Sonia Villapol

A investigadora participa en varios estudos que analizan o impacto do coronavirus e o amplio abano de síntomas que causa a súa infección

A investigadora Sonia Villapol Salgado (Bretoña-A Pastoriza, 1977), que actualmente dirixe un laboratorio especializado en neurociencia no Instituto de Investigación Houston Methodist, participa este martes 2 de marzo, a partir das 19.30 horas, nun encontro en directo con GCiencia para abordar en perspectiva o aniversario da pandemia da Covid-19. A entrevista poderá seguirse a través de gciencia.gal e nas contas de Youtube e Facebook do portal.

Desde o comezo da pandemia, Sonia Villapol está a colaborar cun equipo internacional de investigación da covid (Cov-irt.org) coordinando o subgrupo de Neuroloxía. A súa misión é a de compartir datos tanto das secuencias do xenoma do virus, como datos clínicos, e establecendo colaboracións de investigación entre distintos países. O seu laboratorio está a traballar xunto ao Hospital Clinicas en Buenos Aires para investigar como modificando a microbiota se reduce a inflamación recuperarse antes da enfermidade, especialmente en aspectos como a redución dos danos a longo prazo.

Publicidade

Do mesmo xeito, a investigadora galega está a realizar un importante labor divulgativo nos medios de comunicación e as redes sociais para incidir na necesidade das medidas de prevención e da confianza na evidencia científica. Recentemente, coordinou unha análise do grande abano de síntomas que a Covid-19 está a causar nas persoas infectadas alén dos problemas máis comúns, como a tose, a febre ou as dificultades respiratorias. O seu traballo enumera máis de 50 sinais persistentes da enfermidade, en ocasións vinculadas a problemas neurolóxicos, campo da súa especialidade.

Sonia Villapol é graduada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (2003), onde se especializou en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía. Continuou a súa carreira na Universidade Autónoma de Barcelona, onde se doutorou en Neurociencia (2007). Posteriormente desenvolveu a súa carreira na etapa posdoutoral en entidades como o Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) na Universidade Pierre e Marie Curie, Institut national de la santé et de la recherche médicale (INSERM) de París, o National Institutes of Health (NIH) dos Estados Unidos ou o Centro para Neurociencia e a Medicina Rexenerativa na Uniformed Services University of the Health Sciences (USUHS) de Bethesda (Maryland, EUA). Posteriormente, tamén nos Estados Unidos, incorporouse en 2014 ao departamento de Neurociencia da Universidade de Georgetown (Washington). Desde 2018 é profesora asistente no Centro para a Neurorexeneración no Instituto de Investigación Houston Methodist, onde traballa na actualidade.

Aquí podes ler un artigo de Sonia Villapol sobre os efectos a longo prazo da Covid-19:

Covid-19 persistente: máis de 50 efectos da infección a longo prazo

E aquí podes enviar a túa pregunta para Sonia Villapol a través deste formulario:


DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC