Sanidade pecha durante cinco días o acceso a 14 concellos da Mariña por mor da Covid-19

O brote supera xa os 100 casos, con polo menos catro persoas hospitalizadas, e provocou que se rastrexen contactos noutras provincias

A medida afecta aos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.
A medida afecta aos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

O conselleiro de Sanidade; Jesús Vázquez Almuíña, anunciou este domingo nunha rolda de prensa o peche perimetral dos accesos a 14 concellos da Mariña, despois de que o brote de Covid-19 que se detectou o pasado 24 de xuño superase este fin de semana os 100 casos confirmados, con máis dun milleiro de persoas confinadas debido aos contactos coas persoas que se infectaron. A medida afectará aos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xoveonde residen unhas 70.000 persoas (a poboación adoita aumentar no verán), que se poderán mover libremente dentro desta zona, aínda que con limitacións nalgunhas actividades, entrará en vigor na medianoite do domingo e durará, por agora, cinco días, ata a medianoite do venres ao sábado.

 Despois de abordar a evolución da situación nos últimos días, varios responsables de Sanidade anunciarou esta a mañá a decisión, argumentando que se “considera conveniente reforzar as medidas de prevención co obxecto de protexer, coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación da Mariña e conter os contaxios para evitar a súa propagación máis aló desa zona”. Ata o de agora, non se confirmaron casos vinculados ao brote da Mariña noutras zonas, pero xa se están rastrexando contactos noutras provincias.

O conselleiro Vázquez Almuíña sinalou que a maior progresión deste brote vincúlase a situacións de ocio, especialmente en varios bares da comarca, e expuxo “con todas as cautelas que temos que ter”, que “neste momento parece que a progresión está acoutada na zona da Mariña”. Ademais, estímase que o período de incubación de parte dos casos que provocaron a propagación do SARS-CoV-2 coinciden coa celebración do San Xoán, os días 23 e 24 de xuño.

Novas medidas

Tal e como anunciou o conselleiro, o que decidiu o seu departamento é limitar as entradas e saídas á comarca. Neste sentido, recoméndase “restrinxir a mobilidade ao concello de residencia, quedando exceptuados, loxicamente, ademais de motivos laborais ou similares, a circulación meramente de tránsito, que non teña inicio nin finalización neses concellos”.

Expuxo Vázquez Almuíña que se vixiará que as medidas de prevención se cumpran con máis intensidade aínda, e as máscaras serán obrigatorias, especialmente no sector da hostelería.

Xunto coas medidas anteriores, o titular de Sanidade anunciou que se reduce o aforo nos bares e centros de ocio ao 50%, e solicita que os horarios de apertura e peche se cumpran “de forma escrupulosa”.

Ademais, establécese un máximo de 10 persoas nas reunións de grupos de persoas non convivintes e uns límites xerais de 60 persoas para actividades en espazos pechados e 150 ao aire libre.

A situación será revisada diariamente en función da evolución epidemiolóxica. “Para que as restricións se prolonguen o menor tempo posible, o titular da carteira sanitaria pediu a colaboración de toda a cidadanía”, expón a consellería.

Na súa comparecencia, Vázquez Almuíña, que compareceu co director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares; do xerente da área sanitaria, Ramón Ares, e da xefa territorial de Sanidade, Begoña Seco, destacrou que os casos se concentran en xente nova, polo que a superación da enfermidade en xeral non causa complicacións, pero ao tempo dificulta o control, por iso “é necesario ser extraordiriamente rigorosos no cumprimento das medidas de prevención”.

Neste sentido, Sanidade insistiu na colaboración cidadá para que o rastrexo de contactos sexa efectivo, lembrando ademais que o segredo profesional está garantido en todo caso.

99 casos activos, 106 detectados

Ata o momento, segundo Sanidade, e despois de máis de 2.000 PCR realizadas, detectáronse 106 casos, dos que 99 seguen activos tras recibir sete persoas a alta. Ata o momento non se rexistrou ningún positivo en espazos vulnerables, como as residencias de maiores.

No resto de Galicia, o total de casos volve baixar debido ás altas concedidas noutras áreas sanitarias. Hoxe son 258 activos, e Lugo representa xa a área sanitaria con máis casos, sendo arredor do 40% do total de Galicia. Así foi a evolución das últimas semanas:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.