Un río atmosférico volverá empapar Galicia nas vindeiras horas

A borrasca, sumada a unha masa de aire moi húmido que cruza o Atlántico, deixará precipitacións de máis de 40 litros por metro cadrado

As primeiras semanas de 2019 foron bastante secas, co anticiclón protexendo Galicia da entrada das borrascas propias desta época do ano. Pouca auga e moito frío, polo que se chegaron a acadar os -10ºC en varias zonas do interior. Porén, esta fin de semana chegan as primeiras precipitacións importantes do ano, e virán da man dun río atmosférico que cruzará o Atlántico cargado de aire húmido e sumará chuvia á borrasca que xa se achega.

Un río atmosférico, segundo explicaba en novembro Ana Lage, de MeteoGalicia, é unha “masa de aire moi húmido, con grandes cantidades de auga precipitable nas capas altas da atmosfera, que pode chegar a ter milleiros de quilómetros de longo e poucos centos de quilómetros de ancho, que cruza o Atlántico desde as latitudes tropicais ata a costa europea”.

Publicidade

Este fenómeno, estudado en profundidade desde hai anos por expertos galegos de MeteoGalicia e a USC, ten unha grande importancia para a climatoloxía debido á gran achega de humidade que trae consigo. Así, os traballos realizados neste senso tiveron un importante impacto internacional.

Así MeteoGalicia subliña que durante este sábado a fronte será máis activa e, unida á humidade que chega desde o Océano, deixará intensas precipitacións. Xa está activado, de feito, o aviso amarelo na zona do interior de Pontevedra e o Baixo Miño, con niveis que poderían superar os 40 litros por metro cadrado en 12 horas entre as 6 da madrugada do sábado e as 18 horas.

Publicidade

Porén, non chegará moita neve o sábado xa que o vento soprando do suroeste suavizará as temperaturas. Pero cambiarán a dirección norte a partir da tarde, e os termómetros baixarán. Poderá chegar entón a neve á montaña de Lugo. Activouse tamén o nivel amarelo desde a medianoite do domingo ata a do luns, xa que se poderían acumular máis de cinco centímetros de neve.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o mes de outubro máis seco dende 2007

O último informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi un 79% inferior ao habitual no período

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona