Venres 26 Abril 2024

Karine sucede a Jorge con neve e unha nova alerta en Galicia

A baixada de temperaturas e as fortes precipitacións complicarán a xornada do luns e o martes, mesmo con acumulacións de neve na montaña

Despois do paso da borrasca Jorge, que provocou refachos con ventos de ata 153,8 km/h en Carballeda de Valdeorras e importantes precipitacións, sobre todo na parte oeste de Galicia, un novo temporal, bautizado como Karine, provoca unha nova situación de inestabilidade en Galicia desde a tarde-noite do domingo, e que se prolongará ata o marte.

Karine forma parte dunha sucesións de sistemas frontais atlánticos, asociados a novos centros de presión, que estenderán as precipitacións e os ventos fortes a gran parte da Península e a Baleares. Despois do breve paso de León, borrasca bautizada por MétéoFrance, a fronte Karine, máis activa, fará que se intensifiquen as precipitacións no cuadrante noroeste da península. Desde as 21 horas, e ata a medianoite do luns ao marte, a Axencia Galega de Emerxencias activou a alerta laranxa na costa por ondas de ata seis metros en todo o litoral de Galicia, e o nivel é laranxa en toda Galicia, agás no norte da provincia da Coruña e Lugo, por refachos superiores aos 100 km/h.

Publicidade

Respecto ás chuvias, Karine mantén activado o aviso de nivel amarelo por posibles acumulacións de máis de 50 litros por metro cadrado nas provincias de Pontevedra e Ourense. Xa na tarde do domingo, tanto a rede da Aemet como a de MeteoGalicia rexistraron importantes chuvias.

Karine trae de volta a neve

Xa chegado marzo, con Karine regresa a neve, xa que a cota baixará ata os 600 metros ao longo do luns, debido á baixada de temperaturas. A previsión obrigou a activar a alerta amarela na montaña de Lugo e Ourense durante todo o luns, xa que se poderán acumular máis de cinco centímetros.

As precipitacións poderán caer tamén de forma intensa e localizada no tempo, con avisos amarelos no sur do país por acumulacións de ata 15 litros por metro cadrado en só unha hora.

A inestabilidade durará ata o martes, cando se manterán refachos de vento superiores aos 100 quilómetros por hora no litoral e zonas altas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses