Galicia notifica 35 casos de Covid-19 nun día e suma 196 desde o 24 de xuño

A Consellería de Sanidade confirmou no mediodía do mércores 23 novos casos vinculados ao brote da Mariña, que elevan o total de activos a 144

O brote da Mariña (onde a Xunta informou este mércores de 23 novos casos detectados tras confirmar 3 o día anterior), segue situando a Galicia como unha das comunidades que máis diagnósticos de Covid-19 está notificando nos últimos días ao Ministerio de Sanidad. O martes, o Servizo Galego de Saúde informou de 35 diagnósticos, o que supón unha das cifras máis elevadas desde a detección do foco na comarca lucense. De acordo á revisión de positivos detectados nos últimos sete días, a incidencia acumulada en Galicia (5,11 casos por 100.000 habitantes) está por riba da estatal (4,99). Sempre segundo os datos do Ministerio de Sanidad, Galicia confirmou desde o pasado 24 de xuño, cando se informou do brote da Mariña, de 196 diagnósticos por Covid, e na provincia de Lugo, desde o día que comezou o brote na comarca, confirmáronse 177 positivos. Pola súa parte, a Xunta elevou este mércores a cifra de persoas afectadas desde o comezo do brote na Mariña a 154, dos que 144 se manteñen como casos activos e 10 xa están dados de alta.

Baixo estas liñas amósase a progresión da Covid-19 en Galicia nas últimas dúas semanas segundo os datos diarios que foi achegando o Ministerio. A falta de actualización durante a fin de semana (cando a Xunta informou da detección de 26 casos o sábado e 21 o domingo) provocou que a serie se vira interrompida. Do venres ao luns, Sanidad incorporou a toda a serie histórica da Covid-19 en Galicia subira en 79 casos (de 9.251 a 9.330). Con todo,

Publicidade

Esta foi a evolución diaria, segundo os datos de Sanidade, do brote da Mariña.

A maioría dos casos activos, segundo Sanidade, permanecen asintomáticos ou con síntomas de carácter leve, e cinco persoas están ingresadas no Hospital Público da Mariña, en Burela, o concello onde se localizan a meirande parte dos positivos. Todas as persoas que están cursando a infección “teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días”, lembra a consellería. Por outra banda, a Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas mantén a vixilancia sobre as persoas consideradas como contactos estreitos, pero cuxas probas PCR deron resultado negativo. Máis de 250 destas persoas “xa recibiron a alta epidemiolóxica tras superar o período de illamento e non desenvolver síntomas”, polo que xa poden abandonar o confinamento. Aínda que Sanidade non achega a cifra total de xente que permanece confinada ata cumplir o período marcado desde o último contacto coa persoa infectada, o número chegaría a estar nos últimos días, antes das altas, por riba dos 1.000.

Publicidade

Do mesmo xeito, Sanidade tamén apuntou que o rastrexo de contactos do brote da Mariña realizado durante o martes levou á facer 283 probas PCR, que confirmaron as 23 infeccións mencionadas. Todos os positivos detectados ata agora, “están relacionados co brote”, que se coñeceu o pasado 24 de xuño e que provocou o pasado domingo 5 o peche dos accesos a 14 concellos da comarca. Na súa actualización diaria, o Sergas sostén que o brote “nestes momentos está controlado”.

Casos de Covid-19 activos en Galicia

En canto aos casos activos en Galicia, a alta concedida a 26 persoas en Vigo fixo baixar as persoas que seguen a estar afectadas pola Covid-19 en Galicia este mércores. Lugo mantense con 166 casos activos (144 delas vinculadas ao brote da Mariña), 34 na área de Vigo, 25 na Coruña-Cee, 13 na de Santiago-Barbanza, 3 en Pontevedra-Salnés, e 2 tanto na provincia de Ourense como na área de Ferrol.

Situación do brote e o peche

Nas últimas horas, a Xunta de Galicia puxo sobre a mesa diferentes opcións en función da evolución do brote. Nunha entrevista con El Progreso, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, expuxo tres: “que empeore o brote e haxa que tomar medidas máis restritivas, aínda que non cremos que ese sexa o escenario; que siga estable pero sen melloría clara, co cal manteriamos o que hai; e unha terceira que apunte a unha clara melloría do brote que nos permita relaxar as medidas”. Neste punto, o presidente da Xunta puxo sobre a mesa a posibilidade de reducir o peche aos concellos máis afectados, como Burela, Foz ou Xove (aínda que non existen datos oficiais e público dos casos a nivel municipal).

Con todo, Vázquez expuxo que “a idea é que podemos estar xa” achandando a curva. Remitiuse a que o pico de infeccións puido terse producido coa fase de incubación do San Xoán. De ser así, dixo Vázquez, “veremos unha baixada importante estes días, como dos 22 casos de antonte aos 3 de onte”. Con todo, os 23 positivos do mércores (cabe a posibilidade de que se deba a un maior esforzo na realización de PCR), mantén aberta a opción de que as infeccións sigan medrando nos vindeiros días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro