Sábado 20 Abril 2024

A Xunta mantén as restricións máximas en Galicia e avanza os pasos da nova ‘desescalada’

Levántanse algunhas restricións no comercio, o ensino ou as actividades culturais, pero mantéñense os peches perimetrais e as limitacións de reunións

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, compareceu este luns para avanzar os primeiros pasos da nova ‘desescalada’. Por agora, mantense o nivel de restricións máximas en todo o territorio, cos peches perimetrais municipais, a limitación de reunións a persoas non conviventes e coa hostalaría pechada, entre outras medidas.

A pesar da elevada carga asistencial, o comité clínico acordou varias medidas:

Publicidade

  • 🏬 Ampliación a partir do mércores do horario do comercio “non esencial”, que estas tres semanas tivo que pechar ás 18 horas. Capacidade máxima do 50%. Mantense o peche dos centros comerciais durante a fin de semana.
  • 🏫Comezo das clases presenciais en ensinanzas especiais (conservatorios, danza, escolas de idiomas, etc.) comezarán o 22 de febreiro, agás para os instrumentos de vento e canto. O comezo das clases presenciais en universidades o 1 de marzo.
  • 📚 Reapertura de bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposicións, cines, teatros, auditorios, etc. co 30% de capacidade.
  • 👟Reapertura de instalacións deportivas ao aire libre para práctica de deportes individuais e reanudación da competición federada de nivel autonómico.
  • ⛽️Apertura do interior de restaurantes das estacións de servicio nas vías de altas prestacións para os transportistas.
  • 🏨Centros residenciais: permítense, a partir do mércores, tres visitas semanais de dous familiares de referencia ás residencias de maiores que completasen hai máis de 10 días o proceso de vacinación. No caso dos centros de atención a persoas con discapacidade, permitiranse as saídas de fin de semana aos usuarios que recibisen a segunda dose da vacina hai máis de 10 días.

As medidas detallaranse nunha edición extraordinaria do Diario Oficial de Galicia que se difundirá nas últimas horas do luns. Entrarán en vigor, na medianoite do martes 16 ao mércores 17, cando vence o prazo establecido hai agora tres semanas.

“Horizonte” da ‘desescalada’

As medidas non contemplan, polo momento, a reapertura da hostalaría, a autorización para as reunións de persoas non conviventes ou o levantamento dos peches municipais, entre outras decisións. Feijoo avanzou que o vindeiro luns 22 revisarase a evolución epidemiolóxica para poder tomar decisións neste sentido.

Ademais, presidente da Xunta, destacou que o risco das novas variantes, como a B.1.1.7, que é xa “predominante”, obrigan a manter as precaucións nas vindeiras semanas. Á espera da chegada de máis doses das vacinas, e por mor da escasa protección natural derivada dos baixos índices de contaxio en Galicia (estímase que menos dun 10% da poboación contraeu o coronavirus), o comité clínico estimou que “non hai melloría suficiente” para dar máis pasos na desescalada.

Así, nos últimos días estanse engadindo á serie histórica unha media de 500 casos novos diarios, fronte aos arredor de 1800 que se notificaban entre mediados e finais de xaneiro, no cumio da terceira onda.

A pesar da redución na transmisión, o escenario segue sendo complicado sobre todo nos hospitais, nos que o número de persoas atendidas segue estando aínda por riba dos 1000, e bastante preto do cumio da primeira onda da primavera de 2020, así como en valores semellantes aos de penúltima semana de xaneiro, antes do anuncio das novas restricións:

En canto aos falecementos, as persoas que perderon a vida estando diagnosticadas de Covid-19 achéganse ás 2100. Febreiro, con 270 falecementos en 14 días, achégase xa a novembro como o terceiro peor mes da pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

O Goberno reúne datos de Xunta e concellos para exixir indemnización polos 'pellets'

O executivo central solicitará unha compensación polos servizos de Salvamento Marítimo durante o episodio de contaminación mariña

Comesaña: "O Centro de Protonterapia tratará pacientes de cancro en 2025"

O conselleiro de Sanidade fala da situación da sanidade galega e dos novos proxectos de terapias oncolóxicas