Venres 26 Abril 2024

Avisos amarelos e laranxas en Galicia con ventos por riba de 100 km/h

A entrada dunha nove forte borrasca deixará precipitacións con aviso amarelo en boa parte do país e ventos moi fortes especialmente na montaña de Ourense

O anticiclón situado no interior de Europa non abondará para frear as borrascas que circulan polo Atlántico e que, tras uns días de certo acougo sobre Galicia, volven con forza, levando a Meteogalicia a decretar avisos amarelos por choivas e fortes ventos para este mércores 17 e xoves 18 de febreiro.

A partir das 18.00 horas deste mércores, toda a metade oeste de Galicia estará en aviso amarelo por choiva, con precipitacións por riba dos 40 litros por metro cadrado. Tamén haberá este aviso para o leste das provincias de Ourense e Lugo. E manterase durante toda a mañá do xoves por fortes chuvieiras en case todo o país.

Publicidade

A estes avisos, hai que engadir alerta laranxa localizada na montaña de Ourense entre as 6 e as 9 da mañá deste xoves, cando se esperan refachos de vento por riba dos 100 km/h. No resto do país, haberá aviso amarelo por fortes ventos durante a xornada final do mércores e case todo o xoves, con refachos estimados por riba dos 80 km/h.

O sábado prevese que a fronte continúe moi activa e estacionaria sobre o oeste da Comunidade, traendo un día de chuvias moi persistentes as provincias da Coruña e de Pontevedra. No leste, pola contra, haberá baixa probabilidade de chuvia aínda que con ceos nubrados. O vento soprará do sur forte con refachos moi fortes.

A situación atmosférica en Galicia non estará estabilizada ata comezos da vindeira semana, segundo as previsións de Meteogalicia.

Aquí podes consultar o novo boletín de avisos de Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha crista subtropical disparará as temperaturas en Galicia ata os 30 graos

A semana comeza con intensas precipitacións provocadas pola borrasca Pierrick pero un cinto de altas presións producirá un cambio radical de tempo a partir do mércores

Un tren de borrascas regará Galicia durante toda a semana

As precipitacións de principios de abril virán acompañadas dun importante ascenso térmico a partir do mércores