Domingo Fontán, retratado ao óleo por Antonio María Esquivel.
Domingo Fontán, retratado ao óleo por Antonio María Esquivel.

Unha unidade didáctica para que a mocidade descubra a Fontán

O Consello da Cultura Galega presentou este mércores a unidade didáctica destinada aos centros educativos galegos, e coa que se pretende difundir entre a mocidade – aínda que tamén entre a sociedade en xeral – a figura de Domingo Fontán, coincidindo coa homenaxe que o autor da Carta Xeométrica de Galicia recibirá no Día da Ciencia que se celebra o vindeiro luns.

Portada da unidade didáctica sobre Fontán. Fonte: CCG.
Portada da unidade didáctica sobre Fontán. Fonte: CCG.

A unidade didáctica, dispoñible tamén en liña, fai un percorrido pola vida e a obra de Fontán, e enmárcao tamén na destacada xeración de científicos que deu Galicia entre finais do século XVIII e a primeira metade do XIX. Ademais, o proxecto recolle tamén unha serie de actividades e problemas para resolver nas aulas, un xeito ameno e divulgativo para que os mozos e mozas galegas coñezan mellor a valía do científico nacido en Porta do Conde. O volume péchase cunha longa lista de bibliografía para ampliar os coñecementos sobre Fontán.

No acto de presentación, celebrado na sede do CCG, participaron a presidenta da entidade, Rosario Álvarez, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos, e a decana da Facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquez Cendón, coordinadora da obra xunto a Xosé A. Fraga Vázquez.

Na elaboración da unidade didáctica participaron tamén os expertos Margarita Barral (USC), Gonzalo Méndez Martínez (UVigo), e os profesores de Matemáticas no ensino secundario Víctor Pollán Fernández, Julio Rodríguez Taboada (profesor de Matemáticas de Secundaria).

Podes descargar a unidade didáctica sobre Domingo Fontán nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.