Obradoiros científicos sobre as Illas Cíes en Vigo

O Concello de Vigo, a través do proxecto da candidatura das Illas Cíes ao Patrimonio da Humanidade da Unesco, propón para este xoves 4 e venres 5 de outubro unha serie de obradoiros científicos na Porta do Sol de Vigo. Baixo o título “Cíes, Patrimonio da Ciencia“, a actividade ten por obxectivo achegar á cidadanía, e en particular aos máis cativos, o valor científico e natural do arquipélago.

Pola mañá, alumnos de varios centros escolares vigueses acudirán ao lugar para coñecer de preto, a través de experimentos reais, diversos aspectos da flora, a fauna e a xeoloxía das Cíes. Cada un deles estará coordinado por expertos na materia, que resolverán aos estudantes as dúbidas que xurdan.

Publicidade

Pola tarde, en horario de 17 a 20 horas, os obradoiros estarán abertos ao público xeral, que poderá achegarse á Porta do Sol para descubrir todo o patrimonio científico que ofrecen as Illas Cíes. A organización dos talleres corre a cargo de GCiencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra

GCiencia lanza unha nova edición do ciclo de charlas ‘Ciencia en feminino’

O programa en colaboración coa Deputación de Pontevedra arrinca o mércores 4 coa entrevista da inmunóloga África González

Dez científicas galegas que deberías coñecer

Co gallo do 11F recuperamos perfís de mulleres sobresaíntes en farmacia, neuroloxía, arquitectura, enxeñaría agrónoma e pedagoxía

O ‘top 10’ da ciencia galega en 2025

Cirurxías pioneiras, achados paleontolóxicos e curación de enfermidades como a hemofilia B e a vertixe lideran os avances deste ano