Dicionario da Ciencia: “Buracos negros”

Uno novo capítulo da nosa serie audiovisual sobre as palabras científicas que hoxe viaxa ata as rexións máis masivas do universo

Un buraco negro é unha “rexión do espazo da que non pode saír ningunha radiación a causa da intensa forza de atracción producida pola contracción da masa dunha estrela”. Así os define o Dicionario da Real Academia Galega. Tamén se poden chamar ‘buratos negros’.

Pero a física especula tamén con outros furados no universo, como os buracos de verme, tamén coñecidos como pontes de Einstein-Rosen. Trátase dunha hipotética característica topolóxica do espazo-tempo, descrita polas ecuacións da relatividade xeral, a cal é esencialmente un “atallo” a través do espazo e o tempo. Un buraco de verme ten polo menos dous extremos, e algúns estudos especulan con que permitirían viaxar a grandes distancias, mesmo entre galaxias. Pero, polo de agora, só imos ver os buracos de verme en filmes de ciencia ficción como ‘Interestellar’. A realidade comprobada, mesmo recentemente fotografada, son os buracos negros, dos que falamos nun novo capítulo do noso Dicionario da Ciencia.

Publicidade

‘Dicionario da Ciencia’ é unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia, e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que afondan dun xeito desenfadado nas palabras relacionadas coas ciencias.

Dicionario da Ciencia: “Coronavirus”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Antía Lamas, física: “A investigación cuántica en Galicia é moi prometedora”

A científica compostelá, que traballa en Estados Unidos, dará unha charla en Santiago sobre a segunda revolución cuántica ao abeiro da Semana da Ciencia do IGFAE

A astrofísica Begoña Vila será doutora honoris causa da Universidade de Vigo

A enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA converterase na 31ª persoa en recibir a máxima distinción académica da institución galega

O Nobel de Física premia a tres científicos que fixeron visible o mundo cuántico

John Clarke, Michel H. Devoret e John M. Martinis amosaron os efectos da física cuántica de escala microscópica á macroscópica