Podcast | Máis alá dos contrasinais seguros: consellos fronte aos ciberataques

Os investigadores do CITIC Victor Carneiro e Fidel Cacheda abordan como navegar seguros na rede no novo episodio de O Descodificador

Contas de correo electrónico, en plataformas de streaming, en aplicacións do móbil… Todas e cada unha delas requiren de contrasinais para poder usar os seus servizos. Pero non vale calquera clave: ten que ter un mínimo de oito caracteres, combinar letras maiúsculas con minúsculas, que aparezan números e varios signos ortográficos… Unha longa lista de requisitos para garantir a seguridade da túa conta. Este é un dos principais consellos dos investigadores do CITIC Victor Carneiro e Fidel Cacheda, que levan máis dunha década traballando en cuestións relacionadas coa ciberseguridade. No novo episodio de O Descodificador, os científicos da UDC achegan varios consellos para non caer nas trampas da internet.

“Como noutros ámbitos da vida, sempre pensamos que a nós non nos vai pasar. Cremos que lle acontecerá ás grandes corporacións e por iso non tomamos moitas precaucións”, di Carneiro, analizando a exposición dos usuarios aos perigos da rede. Ademais, os ciberdelincuentes empregan métodos cada vez máis sofisticados nos que a intelixencia artificial xa entra na ecuación das estafas. Atrás quedan, como lembra Cacheda, as mensaxes de correo electrónico bastas, con faltas de ortografía e mala tradución que buscaban enganar o usuario.

Publicidade

Actualiza o teu software

“Unha das pautas máis importantes e básicas é manter o software actualizado. Os fabricantes detectan vulnerabilidades e con esas actualizacións arréglanas”, continúa explicando Cacheda. Tamén aconsella o uso de contrasinais o máis robustos posible e recomenda empregar un xestor de chaves de acceso para facilitar o traballo e non esquecelas. Así mesmo, convén non confiar en correos ou mensaxes que non solicitaches. Por exemplo, cando o teu banco che pide datos persoais a través da rede. “Nunca nos van pedir información que xa teñen”, di Carneiro.

Malia que o obxectivo prioritario dos ciberdelincuentes son as empresas, os usuarios tamén poden ser vítimas do roubo dos seus datos persoais. “Falta educación dixital”, reclaman os investigadores do CITIC. “O noso descoñecemento e a ausencia total de medidas de protección fainos moi vulnerables”, insisten. E lembran que máis alá da aplicación da intelixencia artificial ás estafas da rede, os criminais xa están organizados e deixaron atrás a popular imaxe de “lobo solitario”. De feito, Carneiro fai fincapé en que a ciberdelincuencia move máis cartos que o narcotráfico.

Publicidade

IA contra as ciberameazas

Co obxectivo de buscar alternativas fronte a este escenario, os dous investigadores participan nun proxecto do CITIC que pretende utilizar a intelixencia artificial para a detección de ciberameazas. “Os algoritmos funcionan bastante ben cando intentamos identificar un ataque xa coñecido”, subliñan os científicos. Con todo, esta investigación básica aínda ten moito camiño por diante. Tanto Cacheda como Carneiro apuntan que un dos grandes retos é o traballo cun gran volume de datos, así como un sistema capaz de detectar ataques novos ou descoñecidos.


Escoita O Descodificador en todas as nosas plataformas de podcast: 

Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos

É a IA unha ameaza? “Os avances van máis rápido do que a sociedade pode asumilos”

Fernando Suárez e Senén Barro aseguran que a intelixencia artificial si presenta riscos, pero a destrución da humanidade non se atopa entre eles

Un grupo de investigación da USC alerta dos perigos da intelixencia artificial en contacto coa infancia

O traballo analiza diferentes experiencias dos Estados Unidos e China e expón a necesidade de valorar a IA dende unha perspectiva tecnolóxica, educativa, lexislativa e ética

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela