O CITIC lidera un proxecto do INE para mellorar a función estatística oficial

Un equipo dirixido polo científico Ricardo Cao recibirá 650.000 euros para o desenvolvemento de sete liñas de investigación

O Instituto Nacional de Estatística (INE) concedeu ao Centro de Investigación en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña unha axuda de case 650.000 euros para a realización dun proxecto de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica co obxecto de mellorar a función estatística oficial. A convocatoria establece 13 liñas de traballo das que 7 serán abordadas polo equipo de investigación do CITIC da UDC.

De feito, o CITIC contará para a posta en marcha deste proxecto cun equipo liderado polo investigador Ricardo Cao Abad que estará formado por 19 investigadores especializados en estatística, intelixencia artificial e bases de datos aos que sumarán outros 7 científicos que se contratarán para a realización deste importante proxecto que contará tamén con investigadores do IGE e a Universitè de Genève.

Publicidade

O do CITIC foi un dos catro únicos proxectos concedidos polo INE en toda España dun total de 13 solicitudes presentadas e ademais é o que vai recibir unha maior contía, concretamente máis da metade do orzamento total, 650.000 euros de case 1 millón de euros da convocatoria. A Universidade Miguel Hernández de Elxe, a Universidade Politécnica de Madrid e a Universidade de Granada son os outros tres centros que xunto co CITIC levarán a cabo as investigacións científicas para mellorar a función estatística xeral.

Poboación, economía e innovación

As liñas que abordará o CITIC son sete. Así, traballará na codificación de respostas abertas en enquisas poboacionais. Tamén en series temporais económicas de longa duración no tempo, a publicación e uso de datos abertos enlazados (linked open data), así como a estimación en pequenas áreas para o uso de información auxiliar na desagregación de enquisas.

Publicidade

Outra das liñas de investigación na que se traballará desde o centro de investigación coruñés será a utilización de información pública na web para determinar características de empresas relativas á innovación e/ou a sociedade da información. O obxectivo desta liña de investigación é a análise e desenvolvemento de métodos de aprendizaxe automática (machine learning) que permitan recoller información dispoñible en diferentes webs públicas relativas as variables sobre cuestións referidas á innovación nas empresas.

O uso de información de pagos con tarxetas bancarias para repartir o gasto dos turistas e excursionistas non residentes asignado ás comunidades autónomas entre todas as CCAA que se visitaron e o cálculo de imputacións en índices de cifra de negocio na industria mediante úsoo de técnicas de machine learning completan a lista de investigacións que vai abordar o equipo de investigación do CITIC entre os anos 2023 e 2026.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pódcast | O Shazam da música tradicional galega

A investigadora do CITIC Hilda Romero Velo mestura partituras, computación e bioloxía na súa tese para avanzar na investigación etnográfica musical

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela

Nace ConfIA, unha rede que aglutina dez universidades para impulsar unha IA confiable e responsable

O CITIC e o CiTIUS representarán a Galicia nesta iniciativa que reforzará a cooperación científica, a captación de talento e a transferencia de coñecemento

A UDC crea unha plataforma de IA para personalizar o tratamento da incontinencia urinaria feminina

O proxecto XINE-IA combinará datos clínicos, tecnoloxías terapéuticas e experiencia de pacientes para apoiar aos profesionais sanitarios