Mascareñas, nomeado presidente dun dos congresos máis prestixiosos en química

O director do CiQUS é o terceiro español en recibir o recoñecemento e debe realizar a programación científica e seleccionar os relatores

O catedrático da USC e director científico do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), José Luis Mascareñas, vén de ser elixido presidente científico da 58ª edición da Bürgenstock Conference que terá lugar o próximo maio en Suiza. Este prestixioso congreso internacional é un referente mundial no eido da química orgánica e as súas fronteiras e un punto de encontro para discusións interdisciplinarias ao máximo nivel. “O seu nomeamento contribuirá a aumentar a visibilidade internacional do CiQUS e da USC, especialmente no ámbito da Química”, din dende o centro compostelán.

O profesor Mascareñas convértese así no terceiro español en recibir este recoñecemento internacional, co que asume a responsabilidade de realizar a programación científica e seleccionar os relatores. Entre a lista de previos presidentes atópanse ata catro premios Nobel.

Publicidade

Un foro multidisplinar

A Bürgenstock Conference é unha reunión científica de gran prestixio e singularidade —o seu programa non se revela ata a sesión inaugural— que se celebra desde 1965 e na que as persoas participantes que non son relatoras son tamén seleccionadas entre líderes científicos de todas as idades coa fin de asegurar o nivel de discusión, que se comprometen a asistir toda a semana que dura o evento.

Nos seus inicios, a conferencia centrábase en aspectos relacionados coa estereoquímica, unha disciplina clave para entender os procesos da vida e as propiedades da materia a nivel molecular, pero foi evolucionando ata converterse nun foro multidisciplinar no que se abordan os avances máis innovadores en química sintética e biolóxica, a medicina molecular ou o deseño de materiais. 

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS

Un equipo da USC logra unha reacción química para construír bibliotecas de moléculas codificadas por ADN

O descubrimento liderado polo investigador do CiQUS Manuel Nappi pode ser clave na procura de fármacos

Roubar a estabilidade dunha molécula ultra-estable durante unha fracción de segundo: así o estuda o CiQUS

O científico Luis M. Mateo recibe a prestixiosa Bolsa Branco Weiss que financiará o proxecto ‘PhthalocyanYnes’ con máis de 635.000 euros durante cinco anos