Venres 26 Abril 2024

Tránsito de Mercurio: así poderás ver un fenómeno que non volverá ata 2032

O planeta máis próximo ao Sol pasará por diante da nosa estrela este luns 11 de novembro; aquí explicamos as recomendacións para observalo

Este luns 11 de novembro poderemos observar en Galicia un fenómeno que non se repetirá ata o ano 2032: o tránsito de Mercurio por diante do Sol. Este acontecemento astronómico acontece cando a nosa estrela, o planeta que adoita orbitar máis preto dela e a Terra coinciden no mesmo plano; nese momento, unha minúscula sombra, bastante máis pequena que as manchas solares, percorre o astro rei durante horas. En Galicia, o tránsito do vindeiro luns comezará sobre as 13.35 horas e durará ata a posta de Sol, e será un dos lugares de Europa onde o fenómeno durará máis, debido ao ocaso máis tardío. A melloría das condicións para esta tarde, con nubes e claros, fan posible albiscar o fenómeno na maior parte do país.

Galicia será, se a nubosidade o permite, unha das zonas de Europa onde o tránsito será máis longo. Fonte: IGN.
Galicia será, se a nubosidade o permite, unha das zonas de Europa onde o tránsito será máis longo. Fonte: IGN.

Recomendacións para o tránsito de Mercurio

Para seguir o tránsito de Mercurio hai que ollar o Sol, polo que é moi pouco aconsellable miralo sen protección, así como con métodos caseiros como negativos ou cristais afumados, segundo advirten desde o Observatorio Astronómico do Instituto Geográfico Nacional (IGN) (ver PDF). Do mesmo xeito, tampouco é recomendable mirar directamente por un telescopio e outras lentes que apunten directamente cara ao Sol. Insisten desde o IGN que sempre hai que usar a protección axeitada, con lentes propias de eclipse e filtros solares para os aparellos ópticos.

Publicidade

Outra das opcións e observar a imaxe do Sol proxectada nunha pantalla. Como o tránsito de Mercurio non é perceptible a simple vista coas lentes de eclipse, pode obterse unha imaxe maior e máis nítida usando un telescopio ou uns prismáticos para proxectar o disco solar nunha pantalla branca. Recoméndase deixar enfriar o aparello cada poucos minutos de observación para evitar danalo, ao tratarse dun fenómeno que dura varias horas.

A importancia de estudar o tránsito

O de 2019 será o último tránsito de Mercurio ata 2032, despois de que o anterior se producira en maio de 2016. Maio e novembro son os meses nos que acontece este fenómeno, xa que é cando a órbita da Terra e Mercurio se poden cruzar deste xeito. A periodicidade adoita ser de 3, 7, 10 ou 13 anos. A primeira vez que se observou foi en novembro de 1631, por Pierre Gassendi, despois das predicións realizadas por Johannes Kepler.

O tránsito é un momento moi importante para astrónomos de todo o mundo, xa que permiten tomar datos relevantes para coñecer o planeta que adoita orbitar máis próximo ao Sol, como a composición da súa exosfera. No pasado, nos siglos XVIII ou XIX, organizábanse expedicións internacionais para medir a duración dos tránsitos desde diversos puntos da Terra e determinar, deste xeito, a distancia ao Sol.

Na actualidade, os tránsitos de astros por diante da súa estrela son o principal método que utilizan os astrónomos de todo o mundo, a través de potentes telescopios, para atopar planetas fóra do sistema solar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito