Representación do funcionamento de Clear Space, para capturar lixo espacial. Fonte: ESA.
Representación do funcionamento de Clear Space, para capturar lixo espacial. Fonte: ESA.

A primeira misión para limpar o lixo espacial lanzarase en 2025

A Axencia Espacial Europea anuncia o proxecto ClearSpace-1, co que pretende capturar os restos dos obxectos que orbitan a Terra

O problema do lixo espacial non deixa de medrar. E por primeira vez haberá unha misión para intentar comezar a limpar a órbita terrestre de todos os refugallos acumulados durante máis de medio século de exploración espacial. A Axencia Espacial Europea anunciou esta semana que un consorcio liderado pola startup suíza ClearSpace, nacida ao abeiro da Ecole Polytechnique Fédérale de Lausanne (EPFL) será convidado a presentar a proposta final para o proxecto, do que se agarda o seu lanzamento para 2025.

“Este é o momento axeitado para esta misión”, declarou ao portal da ESA Luc Piguet, fundador de Clear Space, engadindo que “o problema do lixo espacial é máis urxente ca nunca, con case 2.000 satélites en funcionamento no espazo e máis de 3.000 fallidos”.

Ademais, nos vindeiros anos, o número de satéites aumentará de forma exponencial, coa previsión do lanzamento de megaconstelacións de aparellos de telecomunicacións. Existe, por tanto, “a necesidade de que unha misión elimine os satélites fallidos de zonas altamente transitadas” para evitar problemas, expón Piguet.

Distribution of space debris around Earth

Restos de lixo espacial arredor da Terra (Fonte: ESA)

Na reunión da ESA que tivo lugar en Sevilla a finais de novembro, os representantes dos países membros acordaron establecer o camiño de impulso ao proxecto. “Hai que imaxinar o perigoso que sería navegar en alta mar se todos os barcos perdidos ao longo da historia estiveran á deriva na superficie”, explicou o director xeral da ESA, Jan Wörner. “Esta é a situación actual, e non podemos permitir que continúe; os estados membros brindaron o seu apoio a esta nova misión, que tamén sinala o camiño cara a novos servizos comerciais esenciais no futuro”.

Pola súa parte, Luisa Innocenti, que encabeza a iniciativa Clear Space, destaca que “mesmo se todos os lanzamentos espaciais se detiveran mañá, as proxeccións amosan que a poboación xeral de escombros en órbita continuará medrando, xa que as colisións entre elementos xeran novos restos. Precisamos desenvolver novas tecnoloxías para evitar a creación de novos refugallos e eliminar os que xa están alí”.

Así, nun primeiro momento, a misión comezará capturando unha pequena peza de lixo espacial para facer probas. Para isto intentará neutralizar un dos restos do foguete Vega, lanzado pola ESA en 2013.

Unha vez sexa capturado por este aparello, este lixo espacial será arrastrado fóra da órbita e desintegrarase contra a atmosfera. O inconveniente é que esta manobra tamén destruirá o colector, pero no futuro a axencia espera desenvolver unha ferramenta para expulsar o lixo espacial de forma segura e siga capturando máis pezas cun alto nivel de autonomía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.