Venres 29 Marzo 2024

Participantes de máis de 30 países asistirán ao Galicia Innovation Days

Bélxica, Italia, Francia e Grecia son, xunto con España, os que maior presenza terán neste evento, que se celebrará entre o 25 e o 29 de outubro

Trinta países de catro continentes. Esas son as cifras de participantes do Galicia Innovation Days, un evento organizado pola Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga) e a Xunta de Galicia que dará a coñecer as novas oportunidades de financiamento que se abren coas convocatorias do programa Horizonte Europa. Así é que a estas xornadas, que se celebrarán entre o 25 e o 29 de outubro, asistirán investigadores e representantes de universidades, empresas e centros tecnolóxicas de distintas partes do mundo.

Os países que maior presenza terán no evento serán, amais de España, os de Bélxica, Italia, Francia e Grecia. Mais o interese por coñecer estas novas formas de financiamento vai máis alá das fronteiras europeas e chegará a países como Singapur, India, Ghana, Turquía, Perú, México, Venezuela, Chile ou Guadalupe, entre outros. Ademais, o Galicia Innovation Days celebrarase en liña e será gratuíto.

Publicidade

Medio ambiente, dixitalización e alimentación

A estas xornadas asistirán expertos internacionais que abordarán o programa “Horizonte Europa” para falar dos retos aos que se terá que enfrontar a sociedade no futuro e o papel que xogan a innovación e a investigación. As áreas que suscitan máis interese son as de medio ambiente, dixitalización e alimentación, seguidas doutras temáticas como as da industria, a enerxía e o clima.

Aínda que dende o evento están a esperar as últimas confirmacións de asistencia, queren salientar a participación de tres relatores. O primeiro é o Policy Officer para a Transición Ecolóxica e Social da Comisión Europea, Gerd Schönwälder. Tamén estará a directora xeral de Investigación e Innovación – Transformacións Industriais da Comisión Europea, Garbiñe Guiu Etxeberria, e a Policy Officer e directora xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea, Inge Van Oost.

Aberto o prazo para reunións individuais

Outro dos sinais de identidade do Galicia Innovation Days son as reunións individuais, que facilitan que os participantes poidan establecer novos contactos. Para que se xere esa rede de colaboración poderán intercambiar mensaxes e celebrar encontros a través da plataforma b2match. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 29 de outubro. Dende Feuga tamén explican que os asistentes poderán incluír información sobre o seu perfil e intereses, así como solicitar ditas reunións.

Este evento, que dará a coñecer as capacidades de Galicia en investigación e innovación, tamén informará sobre as convocatorias de Horizonte Europa; un programa de financiamento europeo de I+D+i que conta cun orzamento de 95.000 millóns de euros para o período 2021-2027. Dende Feuga indican que contan cunha área de programas europeos, que se engloba dunha das liñas estratéxicas da fundación, como é impulsar a investigación e tamén a innovación.


Para máis información e rexistro, prema nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Sergas desenvolve un sistema de formación para profesionais que funciona como Netflix

A Plataforma Share xa está a funcionar en modo piloto, aspira a ordenar e clasificar o coñecemento sanitario e recomendar cursos á carta

Cunchas de moluscos, as grandes aliadas do sector da bioconstrución

A empresa Extraco promove o emprego de materiais de orixe biolóxica para a fabricación de morteiros ou formigóns

Un científico galego descobre os poderes do veleno de avespa contra as superbacterias 

César de la Fuente: “O logro abre novas portas para deseñar novos antibióticos inspirándonos nos velenos do mundo natural"

Unhas xornadas afondan en como creatividade e innovación xeran un futuro máis sostible

Celebraranse este mércores 24 na Casa das Campás, en Pontevedra, ao abeiro do programa "Ciencia de ida e volta" impulsado pola UVigo