De esquerda a dereita Noelia Martínez, Ismael González, Miguel López e Cristina Contreras.
De esquerda a dereita Noelia Martínez, Ismael González, Miguel López e Cristina Contreras.

Premio Talento Novo para Miguel López da USC con 100.000 euros para investigación

O profesor Miguel López acaba de ser galardoado premio na modalidade Talento Novo en Investigación Biomédica da segunda edición dos premios ‘Constantes y Vitales’, campaña de responsabilidade corporativa de laSexta, coa colaboración da Fundación AXA. O premio achega ao grupo de investigación NeurObesidad que Miguel López coordina 100.000 euros para o desenvolvemento das súas liñas de traballo. O xurado, integrado polos membros do comité de expertos da campaña, outorgoulle o premio a Miguel López polas súas investigacións en bioloxía molecular e fisioloxía da obesidade.

Miguel López, doutor en Bioloxía pola USC, realizou estudos posdoutorais na Universidade de Cambridge (UK). As súas liñas de investigación céntranse no estudo dos mecanismos hipotalímicos que regulan a inxesta de alimentos e o gasto enerxético, con particular interese no papel do metabolismo lipídico neuronal. Neste ámbito o European Research Council (ERC) concedeulle unha axuda Starting Grant a través da que estuda se determinados tipos de lípidos poden ser tóxicos e interferir cos mecanismos moleculares que regulan a inxesta de alimentos e o gasto enerxético no hipotálamo. Datos preliminares do grupo indican que a acumulación deses lípidos tóxicos interfire cos mecanismos de procesamento das proteínas, un fenómeno denominado tensión de retículo endoplasmático. O coñecemento destes mecanismos moleculares permitirá identificar novas dianas terapéuticas para o tratamento da obesidade e a síndrome metabólico.

Miguel López ten actualmente unha prestixiosa bolsa europea Starting Grant

De feito, nos últimos anos o traballo do seu grupo de Miguel López na USC permitiu demostrar que as hormonas tiroideas modulan o metabolismo das graxas no hipotálamo. Despois relacionaron o consumo de nicotina coa perda de masa corporal, a través da proteína AMPK para, meses despois, sinalar que unha proteína –denominada BMP8B­– xoga un papel fundamental na termoxénese, forma en que a graxa parda queima os lípidos. Neste mesmo ámbito estudaron a relación entre diabete tipo 2 e obesidade e descubriron o mecanismos mediante o cal os estróxenos –concretamente, o estradiol- regulan o peso corporal. Este longo percorrido na comprensión da obesidade alcanzou un novo chanzo co descubrimento dun novo mecanismo molecular que afecta ao aumento de peso e á aparición de diabete, a través das ceramidas ceramidas, unha familia de lípidos que forma parte das membranas celulares e que tamén están implicadas en procesos de señalización celular.

Máis recentemente, o seu equipo descubriu un novedoso mecanismo molecular que demostra como o aumento dunha proteína no hipotálamo consegue que ratas obesas adelgacen sen deixar de comer, ao tempo que melloran o seu estatus metabólico diminuíndo ademais a diabete tipo 2 asociada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.