O CiTIC da Coruña acada máis dun millón de euros do Ministerio de Ciencia

Dez proxectos de investigación en tecnoloxías da información e as comunicacións foron financiados na convocatoria da Axencia Estatal de Investigación

O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acadou 1.219.317 euros en financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación do Goberno español para o desenvolvemento de dez proxectos de investigación durante os próximos anos. O importe corresponde á convocatoria 2019 a Proxectos de I+D+i da Axencia Estatal de Investigación.

O CiTIC obtivo financiamento nas dúas categorías. Por unha banda, na de Retos de Investigación, orientada á resolución de problemas vinculados aos oito grandes retos da sociedade incluídos no Plan Estatal de I+D+i 2017-2020, o CiTIC obtivo financiamento en seis iniciativas. E por outra, na de Xeración de coñecemento, cuxos proxectos están motivados pola curiosidade científica e teñen como obxectivo primordial o avance do coñecemento, independentemente do horizonte temporal e do ámbito de aplicación do mesmo, o centro coruñés recibiu apoio para outros catro traballos. Ademais, coa axuda obtida, serán financiados catro contratos predoutorais asociados a catro proxectos de investigación.

Publicidade

Os proxectos do CITIC que obtiveron financiamento, e os seus investigadores principais correspondentes, son os seguintes: Aprendizaxe Automático Escalable e Explicable (Amparo Alonso Betanzos); Estudo das combinacións léxicas nun corpus académico de noveles para unha Ferramenta de Axuda á Redacción de Textos Académicos (Margarita Alonso Ramos); Detección temperá de intrusións e anomalías en redes definidas por software (Víctor Manuel Carneiro Díaz); Análise de estratexias para incorporar humanos ao proceso de aprendizaxe automático e a súa aplicación á investigación do cancro pancreático (Eduardo Mosqueira Rey); Avances en codificación e procesado de sinal para a sociedade dixital (Luis Castedo Ribas); Cuantificación e caracterización computacional de imaxe multimodal oftalmolóxica: estudos en esclerose múltiple (Manuel F. González Penedo); Avaliación e asesoramento para a mellor eficiencia e efectividade da tecnoloxía de apoio (Thais Pousada García); Visualización e exploración baseada en fluxos e analítica de Big Data espacial (Miguel Ángel Rodríguez Luaces); Desafíos Actuais en HPC: Arquitecturas, Software e Aplicacións (Juan Touriño Domínguez); e Métodos matemáticos e computacionais para novos retos en finanzas cuantitativas, medio ambiente, biotecnoloxía e enxeñaría (Carlos Vázquez Cendón).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que revelan 11.000 anos de sedimentos sobre as chuvias de Galicia? Así o investigan dende a UDC

Un estudo liderado polo CICA analiza as ceras vexetais preservadas nun lago portugués para reconstruír a evolución da humidade no oeste peninsular

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais