Xoves 25 Abril 2024

A investigadora María Bugallo recibe o premio Almirall por un traballo en bioestatística

A científica do CiTIUS foi recoñecida no marco do ‘XIX Concurso STUDENT d’Estadística Aplicada’ por un traballo baseado no paradigma de atención

A investigadora do CiTIUS María Bugallo vén de recibir o Premio Amirall ao mellor traballo en bioestatística por unha contribución titulada Redes neuronales basadas en el paradigma de atención: Cribado de fibrilación auricular mediante la clasificación automática de registros de electrocardiograma. A científica recolleu o premio durante o XIX Concurso Student de Estadística Aplicada, unha actividade organizada no marco do Día da Estatística de Cataluña.

Trátase dun concurso organizado anualmente polo Servicio de Estadística Aplicada de la Universidad Autónoma de Barcelona (UAB), en colaboración co Instituto de Estadística de Cataluña (IDESCAT). A iniciativa xurde como un impulso para potenciar entre a comunidad universitaria o interese investigador no eido da estatística.

Publicidade

O desafío do concurso

Para Bugallo, o Premio Almirall chega após ter superado o reto proposto pola organización do concurso: un desafío no que os aspirantes tiñan que realizar unha análise sobre un conxunto de datos relacionado cun problema real, debendo darlle solución mediante un traballo inédito e de temática libre. A investigadora non o dubidou: “Son bastante decidida”, chancea. “Cría que a nosa idea era orixinal e interesante, así que non dubidei en comentarllo ao meu supervisor”. Unha proposta que acabou por imporse no concurso, desvelando un sistema de redes neuronais para o cribado de pacientes con fibrilación auricular, e que finalmente foi recoñecido como mellor traballo en bioestadística.

“Cando presentei o traballo, nin esperaba nin descartaba gañar, porque, en realidade, sabía que gañaba das dúas formas: o documento e as correccións de Paulo Félix, o meu supervisor, axudáronme moito como material de apoio propio para redactar o meu traballo de fin de máster”, explica. “Estou moi agradecida ás institucións organizadoras, é gratificante sentir que o esforzo, dificilmente valorado en moitos casos, proporciona tamén recompensas”, afirma a investigadora do CiTIUS.

Na pasada edición do concurso, Bugallo tamén foi recoñecida co premio polo Mellor Traballo de Grao, grazas a unha publicación titulada Estimación no paramétrica de la densidad en el plano: evolución de la concentración de los nidos de avispa velutina entre 2016 y 2018 en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:35

É a intelixencia artificial unha ameaza para a humanidade?

O frenesí dos últimos anos leva a moitos a preguntarse polo verdadeiro alcance dunha revolución con riscos, pero con moitos beneficios se se seguen as normas

Unha campaña de doazón de voz recollerá as variedades fonéticas e dialectais de Galicia

O obxectivo é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas

Ana Kiro ‘revive’ para representar a Galicia na Eurovisión da intelixencia artificial

Un grupo multidisciplinar presenta a delegación galega do festival, que terá lugar o 4 de novembro na Coruña

A galega Andrea Cascallar recibe o premio á mellor tese de Europa

A experta en intelixencia artificial realizou o seu doutoramento na USC e é a primeira muller nada en España en recibir o galardón