Xoves 28 Marzo 2024

Vigo celebra a Semana da Ciencia con obradoiros e charlas

Vigo sae á rúa para celebrar dende este xoves a Semana da Ciencia, cunha serie de obradoiros científicos e conferencias, que terán lugar no museo MARCO da cidade, na rúa do Príncipe da cidade olívida, nunha actividade organizada polo Concello coa colaboración de GCiencia.

As actividades da Semana da Ciencia comezarán ás 10 da mañá deste xoves 29 de novembro, cos obradoiros escolares sobre a ciencia das illas Cíes, con seis postos nos que profesionais da bioloxía e das ciencias mariñas amosarán aos estudantes de Primaria fenómenos como o afloramento, que garante a riqueza das rías galegas; a diversidade especies mariñas; os sistemas ecolóxicos; ou a importancia de que aves mariñas como as gaivotas teñen para a riqueza natural do noso mar.

Publicidade

Ademais, dos obradoiros, os escolares vigueses disfrutarán de vídeos divulgativos comentados polo biólogo Manuel Garci, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC).

Estes obradoiros de mañá, nos que participarán preto de douscentos escolares de Vigo, van repetirse tamén o venres.

Pola tarde, chegarán as actividades dirixidas ao público en xeral, con senllas conferencias. Este xoves, a charla correrá a cargo do químico Antón Salgado, da Universidade de Vigo, que falará sobre “O fenómeno do afloramento costeiro”, a partir das 20.00 horas, no auditorio do Museo Marco, con entrada libre e gratuita ata completar o aforo.

O venres, a conferencia será do biólogo Francisco Rodríguez, do Instituto Español de Oceanografía (IEO), baixo o título: “Un mar de cores para o Nautilus”, no que os asistentes poderán ver in situ o espectáculo das algas bioluminiscentes. Será tamén ás 20.00 horas con entrada libre e gratuita.

Con estas actividades, o Concello de Vigo celebra a Semana da Ciencia, en colaboración co GCiencia, achegando a importancia da investigación a públicos diversos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo do CSIC logra controlar unha doenza causante da extinción dos anfibios

Os investigadores aplicaron un funxicida agrario sen observar trazas do produto nin efectos significativos na química e bioloxía da auga

Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

Un composto natural reduce o impacto da seca e mellora a produtividade do tomate

Un equipo do CSIC e da UPV descobre como actúa o butanoato de hexenilo, un aroma que emiten estas plantas para resistir ás bacterias

Como usar datos históricos para a conservación de especies: así é a nova metoloxía con pegada galega

A UVigo e o CSIC proban un método en escaravellos coprófagos ibéricos que permite comprender a súa resposta a cambios ambientais