Rexistro da explosión de Tui por un sismógrafo do IGN. Fonte: IGN.
Rexistro da explosión de Tui por un sismógrafo do IGN. Fonte: IGN.

A explosión de Tui provocou un terremoto de magnitude 1,3

A Rede Sísmica do Instituto Geográfico Nacional (IGN) confirmou este venres que a explosión que tivo lugar o mércores nun almacén ilegal de produtos pirotécnicos en Tui foi rexistrada por ata sete estacións españolas e portuguesas. A enerxía producida polo estourido foi equivalente a un sismo de magnitude 1,3, semellante á que se adoita producir en voaduras de canteiras. Con todo, ao se producir en superficie e propagarse as ondas polo aire, sentiuse moito máis que un sismo de magnitude semellante que poida ter lugar baixo terra.

Fontes do IGN sinalan que o estourido rexistrouse ás 16.23 horas en todas as estacións sísmicas de Galicia, noutra situada en Zamora e mesmo nunha estación compartida co Instituto Portugués do Mar e a Atmosfera localizada en Moncorvo, a máis de 150 quilómetros de Tui e xa preto da fronteira coa provincia de Salamanca.

Alén disto, o IGN recibiu tamén avisos de que se sentira a explosión en Chapela, Vigo e A Reboreda, pensando que se trataba dun movemento sísmico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.