Venres 26 Abril 2024

Entrevista a Zulema Altamirano no ciclo “Ciencia en Feminino”

A directora da Unidade de Mulleres e Ciencia do Ministerio de Ciencia e Innovación conversa este xoves a partir das 20h coa xornalista Susana Pedreira

Despois das dúas primeiras semanas de encontros, os días 4 e 11 de marzo, o ciclo “Ciencia en Feminino”, que organizan GCiencia e a Deputación de Pontevedra, celebra este xoves 18 a súa terceira cita cunha entrevista-coloquio con Zulema Altamirano, directora da Unidade de Muller e Ciencia do Ministerio de Ciencia. Conversará con Susana Pedreira, xornalista de Onda Cero, a partir das 20 horas, nun encontro que se poderá seguir a través de gciencia.gal e nas canles de redes sociais de GCiencia e a institución provincial.

Zulema Altamirano Argudo é doutora en Psicoloxía Clínica e experta en intervención multidisciplina en violencia de xénero. Traballou, entre outras institucións, no Instituto Europeo de Igualdade de Xénero, e exerceu tamén como psicólogo no Corpo Superior de Institucións Penitenciarias, especializándose na intervención en violencia de xénero. Desenvolveu diversos plans de igualdade na Administración Xeral do Estado e investigou sobre a fenda salarial de xénero.

Publicidade

A Unidade de Mulleres e Ciencia púxose en marcha no ano 2005, como parte das iniciativas de igualdade impulsadas desde o Goberno español. Encárgase de de promover a presenza equilibrada de mulleres e homes en todos os ámbitos dos sistemas de ciencia, tecnoloxía e innovación, de acordo aos seus méritos e capacidades, mediante mecanismos que eliminen nesgos, barreiras e desincentivacións. Impulsa tamén a integración transversal da análise de sexo/xénero nos contidos dos programas e proxectos de investigación científica, así como a investigación específica no campo dos estudos feministas, das mulleres e do xénero.

O ciclo “Ciencia en Feminino” pecharase o 25 de marzo ás 19 horas coa mesa redonda, Unha carreira científica en desigualdade, conducida tamén por Begoña Márquez. Participarán María de la Fuente. Directora da Unidade de Nanooncoloxía do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago, Sara Varela, MapasLablíder do grupo da Universidade de Vigo, María Mayán, coordinadora do grupo de investigación CellCOM do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic) e Carmela Silva, presidenta da Deputación provincial de Pontevedra.

Os encontros estarán tamén abertos ás preguntas formuladas polo público.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:54:16

Begoña Vila: “Cando son a única muller nunha reunión xa non o penso. Aprendino co tempo”

A astrofísica da NASA clausura o ciclo 'Ciencia en feminino' facendo un repaso á súa traxectoria como muller e científica
00:00:00

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Entrevista con Begoña Vila

A astrofísica viguesa traballa actualmente na NASA e conta a súa experiencia como muller científica nun campo tradicionalmente masculinizado
00:59:50

“A presión que hai en España por investigar fóra non a hai noutros países”

As científicas galegas Raquel Lama, Cristina Lazcano e Carmen Figueras participaron na terceira sesión de ‘Ciencia en Femino’ para falar sobre as súas experiencias investigadoras no estranxeiro
00:59:50

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Científicas no estranxeiro

As galegas Raquel Lama, Cristina Lazcano e Carmen Figueras explican as súas experiencias investigando noutros países