Venres 29 Marzo 2024

Aterraxe de emerxencia da Soyuz

A cápsula Soyuz MS-10, que se dirixía cara a Estación Espacial Internacional desde o aeródromo de Baikonur, en Kazajstán, tivo que tomar terra nunha operación de emerxencia este xoves, pouco despois de despegar.

A bordo ían o ruso Aleksey Ovchinin e o estadounidense Nick Hague, que segundo as primeiras informacións, conseguiron sobrevivir ao incidente, segundo comunicaron aos responsables do operativo, aínda que estiveron expostos a elevadas forzas de aceleración. Os equipos de rescate xa conseguiron sacar da cápsula aos astronautas, que se atopan en bo estado.

Publicidade

 

Os astronautas están finalmente a salvo e con bo estado de saúde, segundo confirmou a NASA. Que difudiu imaxes deles en Dzhezkazgan (Kazakhstan), onde foron trasladados en helicóptero tras da aterraxe forzosa.

Segundo as primeiras informacións, o erro localizouse nun dos propulsores, tal e como se pode ver na sacudida no minuto 2:18 deste vídeo:

 

 

 

 

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Como lograr vivendas autosuficientes como a Estación Espacial Internacional

As casas do futuro tenderán a comportarse como un ser eficiente e autosuficiente, que trate de vivir en simbiose coa contorna natural

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites