Venres 19 Abril 2024

A astrofísica Minia Manteiga ingresa na Academia Galega de Ciencias

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou no Pazo de San Roque (Santiago de Compostela) o acto de ingreso de Minia Manteiga Outeiro, catedrática de Astronomía e Astrofísica da Universidade da Coruña (UDC), que se integra na Sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación da institución. O discurso de toma de posesión da nova académica numeraria titúlase “Gaia: o primeiro censo de estrelas da Vía Láctea en 6 dimensións”.

Ao acto desta tarde asistiron, entre outros, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; o vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, Vicente Pérez Muñuzuri; o director do Campus do Mar da Universidade de Vigo, Daniel Reya presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvareza directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey; a directora da Axencia de Coñecemento en Saúde, Beatriz Allegue; e o coordinador institucional do CSIC en Galicia, Antonio M. de Ron.

Publicidade

Minia Manteiga (Negreira, 1963) converteuse na primeira muller catedrática de Astrofísica de Galicia no ano 2018. É especialista en evolución estelar, astrofísica espacial e Big Data Astronomy. Actualmente exerce como docente na Escola Superior de Náutica e Máquinas da UDC e anteriormente, entre os anos 1994 e 1999, impartiu clase na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo.

Minia Manteiga, instantes antes do seu ingreso na RAGC.

Realizou a súa formación doutoral no Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) e a postdoutoral no Instituto dei Astrofísica Spaziale (Frascati-Roma, Italia) e no Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA, Madrid).

Actualmente forma parte do consorcio internacional DPAC –que procesa e analiza os datos do satélite Gaia da ESA– con responsabilidade nos paquetes de traballo de clasificación e parametrización das fontes astronómicas.

No ano 2017 foi profesora visitante do programa Fulbright no Departamento de Física e Astronomía da Universidade Johns Hopkins (EUA) e en 2019 foi investigadora polo programa Severo Ochoa no IAC.

Colaboradora da Axencia Estatal de Investigación (AEI) na área Fisica/Espazo, onde exerceu como responsable da área de Recursos Humanos de Físicas os anos 2018 e 2019.  Presidenta do Grupo de Astrofísica da Real Sociedade Española de Física e membro da súa xunta directiva entre 2001 e 2008. Membro numerario da Sociedade Española de Astronomía desde a súa fundación, da Unión Astronómica Internacional (IAU) e da Sociedade Europea de Astronomía (EAS).

É autora de máis de 150 artigos, capítulos de libro e comunicacións en congresos internacionais. Ata o de agora participou en 17 proxectos de investigación financiados con fondos públicos, en 9 deles como investigadora principal, dos que varios recibiron o respaldo da UE.

Ao longo deste 2020, outros catro académicos numerarios ingresarán na RAGC. Trátase do arquitecto César Portela, o oceanógrafo Fiz Pérez, o economista Alberto Gago e a química Isabel Medina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente

A Academia Galega de Ciencias celebra o ingreso de tres novos académicos correspondentes

Francisco Marcellán, Jorge Martínez e Juan Ramón Sanmartín manifestaron o seu compromiso coa evolución da ciencia en Galicia

Os taboleiros barrocos de Santiago: únicos en Europa, pero sen protección

Son máis de 200 e están repartidos por diversos puntos da cidade, algúns foron cimentados ou substituídos por outras pedras

A Academia de Ciencias premia a investigación de “alto nivel” producida en Galicia

Os galardóns foron para Diego Peña e Marcos Fernández, máis dúas mencións honoríficas a Luis Carral e Sergio Vila