A Valedora do Pobo investigará a igualdade da muller na ciencia en Galicia

Dolores Fernández Galiño anuncia un estudo sobre a incidencia da maternidade na carreira científica

A valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, informou este venres de que analizará a repercusión que a maternidade ten na carreira investigadora das mulleres científicas en Galicia para coñecer os datos en relación á igualdade de trato e de oportunidades.

Nun comunicado remitido aos medios, a valedora deu conta do inicio desta investigación de oficio con motivo da celebración o próximo día 11 de febreiro, do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Publicidade

A institución sinalou que “unha das principais liñas estratéxicas definidas” por Dolores Fernández na súa etapa á fronte da institución é a “efectividade do dereito fundamental á igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes”.

“É urxente analizar a situación do persoal investigador e, en particular, a repercusión que a maternidade ten na carreira investigadora das mulleres científicas”, apuntou.

Publicidade

Segundo apuntou a defensora galega, trátase de definir e avanzar nas actuacións para a efectividade do dereito á igualdade das mulleres investigadoras na carreira científica no seo das universidades e centros de investigación en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía