Xúpiter, Ganímedes, gran mancha vermella

Xúpiter e Ganímedes
Créditos da imaxe e copyright: Damian Peach/SEN.

Explicación: nesta definida instantánea, a lúa máis grande do Sistema Solar, Ganímedes, posa xunto ao planeta máis grande, Xúpiter. A escena, captada cun pequeno telescopio o 10 de marzo desde o noso fermoso planeta Terra, tamén inclúe á Grande Mancha Vermella de Xúpiter, a meirande tormenta do Sistema Solar. De feito, Ganímedes ten uns 5.260 quilómetros de diámetro. Iso elimina a tres dos outros satélites galineanos compañeiros, así como á lúa Titán de Saturno con 5.150 quilómetros e á propia Lúa da Terra con 3.480 quilómetros. Aínda que ultimamente está a diminuír, o diámetro da Gran Mancha Vermella, aínda está ao redor dos 16.500 quilómetros. Xúpiter, o xigante gasoso que domina o Sistema Solar, ten uns 143.000 quilómetros de diámetro no seu ecuador. Iso é case o 10 por cento do diámetro do Sol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados