
Explicación: algúns prefiren xanela, e estas son as mellores dispoñibles a bordo da Estación Espacial Internacional. Tirada o 4 de xaneiro, esta instantánea desde o interior do gran módulo Cupola de sete xanelas da estación tamén amosa unha estación de traballo para controlar o Canadarm2. O brazo robótico, empregado para fedellar cos vehículos de carga de visita e asistir aos astronautas durante os paseos espaciais, está xusto no exterior da xanela da dereita. A propia Cupola está acoplada de cara a Terra ou zona nadir do módulo Tranquilidade da estación, ofrecendo panorámicas dinámicas do noso fermoso planeta. Visto desde a órbita de 400 quilómetros de altura e 90 minutos de duración, o brillante limbo da Terra está por riba do centro da imaxe.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












