Vía láctea e meteoros sobre o monte Rainer

Créditos e copyright: Matthew Dieterich
Créditos e copyright: Matthew Dieterich.

Explicación: a pesares das aparencias o ceo non está a caer. Porén, hai dúas semanas, anaquiños de po cometario si que o facían. Aquí publícase a chuvia de meteoros das perseidas tal e como se captou sobre o monte Rainier, Washington, (EUA). A imaxe creouse a partires dun vídeo secuencia de dúas horas, atrapando uns 20 meteoros, incluíndo un que brillou de xeito espectacular á esquerda da imaxe. Aínda que cada ronsel meteórico normalmente dura menos ca un segundo, a cámara foi quen de capturar as súas progresións de cor mentres se desintegraban na atmosfera da Terra. Aquí, a cor inicial verde pode ser indicio de pequenas cantidades de átomos de magnesio brillantes do meteoro que foron batidos por átomos da atmosfera terrestre. Para rematar as cousas, a franxa central da nosa galaxia da Vía Láctea fotografouse simultaneamente erguéndose dereitiña por tras do cumio cuberto de neve do monte Rainier. Agárdase outra boa chuvia de meteoros a mediados de novembro, cando os refugallos dun cometa diferente crucen a Terra como as leónidas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman