Unha Lúa de sangue azul

Créditos da imaxe e copyright: Dominique Dierick.
Créditos da imaxe e copyright: Dominique Dierick.

Explicación: esta definida instantánea telescópica capturou a Lúa das Colleitas do pasado setembro completamente mergullada na escura sombra umbral da Terra, ao comezo da eclipse lunar total. Foi a derradeira eclipse dunha tétrada, unha de catro eclipses lunares totais consecutivas. Esta cor da eclipse total, unha aparición escura da Lúa chea preto do perixeo, foi dun vermello sangue escuro, coa superficie lunar reflectindo a luz do interior da sombra da Terra que se filtrou ao través da atmosfera baixa. Ollado desde a perspectiva lunar, a luz avermellada vén de tódolos solpores e menceres ao redor dos bordos dunha Terra en silueta. Pero preto do bordo da sombra, o limbo da Lúa eclipsada amosa unha clara cor azul. O luar azul eclipsado aínda se filtra a través da atmosfera da Terra aínda que, ao orixinarse como raios de luz solar que pasan a través de capas altas da estratosfera superior, coloréase polo ozono que esparexe a luz vermella e transmite a azul.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación

Conta atrás para a gran cita coa eclipse total en Galicia: “Non volveremos ver algo así na nosa vida”

Unha cobertura do 99% ou do 100% do Sol marca a diferenza entre unha simple diminución da luz e a aparición da coroa solar e da escuridade

A eclipse do 12 de agosto converterá a natureza nun gran laboratorio para estudar a reacción dos animais

O Proxecto TriEclipse, coordinado polo documentalista Angel García-Rojo, busca investigar o comportamento da fauna en todo o territorio nacional no que se acade máis dun 98% de escuridade