Unha eclipse parcial sobre a baía de Manila

Créditos e copyright: Armando Lee (Astron. League Philippines), F. Naelga Jr., 100 Hours of Astronomy (IYA2009)
Créditos e copyright: Armando Lee (Astron. League Philippines), F. Naelga Jr., 100 Hours of Astronomy (IYA2009)

Explicación: que lle está a pasar ao Sol que se oculta? Unha eclipse! A comezos de 2009, a Lúa eclipsou parte do Sol mentres se vía desde zonas de África, Australia e Asia. Na fotografía publicada en particular, tirada desde o peirao do Centro Comercial de Asia, capturouse un Sol parcialmente eclipsado que se puña sobre a Baía de Manila nas Filipinas. Poden verse peiraos perfilados no primeiro plano. Os observadores de eclipses e os entusiastas do ceo ben localizados capturaron outras moitas imaxes artísticas interesantes da única eclipse anular solar do ano, incluíndo películas, conxuntos de sombras da eclipse e aneis de fogo. O xoves, partes do Sol voltarán a seren bloqueadas brevemente pola Lúa, visible de novo para algúns coma unha eclipse parcial solar. Porén, a eclipse do xoves será visible só desde zonas meridionais de Sudamérica e Antártida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo