
Explicación: ás veces o ceo aluméase de xeito inesperado. Unha excursión ao norte de Noruega para fotografar auroras non sempre vai tan ben como se agarda. Ocorreu pasada a medianoite en Steinsvik, Troms, no norte de Noruega, o 8 de febreiro de 2014. A pesar da recente actividade do Sol, os ceos eran decepcionantes. Por tanto, o astrofotógrafo comezou a empaquetar para marchar. O seu irmán comezou a procurar a tapa dunha lente que perdera. De súpeto, o ceo explosionou con auroras espectaculares. Reaccionando axiña, foi captada con gran detalle unha secuencia de impresionantes cortinas verdes, coa Lúa brillante preto do cento e ao irmán buscador de tapas de lentes no extremo dereito. Os estouridos de aurora duraron só uns poucos minutos, pero a memoria do evento, especula o fotógrafo, durará moito máis.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












