Tormental solar: exección de masa coronal

Créditos da imaxe: NASA, ESA, SOHO Consortium
Créditos da imaxe: NASA, ESA, SOHO Consortium

Explicación: que lle está a acontecer ao Sol? Outra Exección de Masa Coronal(CME)! A sonda espacial SOHO que está a orbitar o Sol fotografou moitos filamentos en erupción despegando da activa superficie solar e inchando enormes burbullas de plasma magnético no espazo. A luz directa do Sol está bloqueada na parte interior da imaxe publicada, tomada en 2002, e reemplazada por unha imaxe simultánea do Sol en luz ultravioleta. O campo de vista esténdese ata uns dous millóns de quilómetros dasuperficie solar. Mentres os indicios destes eventos explosivos, chamados execcións de masa coronais ou CMEs, se descubriron por naves espaciais a comezos dos 70, esta imaxe espectacular forma parte dun rexistro polo miúdo do desenvolvemento destas CME da sonda espacial SOHO, actualmente en funcionamento. Preto do máximo do sciclo de actividade solar, agora as CME ocorren normalmente varias veces por semana. As potentes CME poden influír fondamente na climatoloxía espacial. Aquelas que se dirixen directamente cara o noso planeta poden ter efectos serios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027