A Terra entre os aneis

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicación: o 12 de abril, mentres o Sol estaba bloqueado polo disco de Saturno, a cámara da sonda espacial Cassini mirou cara o Sistema Solar interior e os aneis retroalumeados do xigante de gas. Na parte superior do mosaico está o anel A coa súa ampla división de Encke e a máis estreita de Keeler visibles. Na parte inferior está o anel F, brillante pola perspectiva. O punto de luz entre os aneis é a Terra, a 1,4 miles de millóns de quilómetros de distancia. Olla coidadosamente e poida que incluso descubras a gran lúa terrestre, unha alfinetada de luz á esquerda do planeta. Hoxe, a Cassini realiza o seu derradeiro achegamento próximo a Titán, a propia gran lúa de Saturno, empregando a súa gravidade para xirar ao Gran Final da sonda, o conxunto final de órbitas que leverán á Cassini xusto por dento dos aneis de Saturno.

Celebra o día da Terra: adopa ao planeta

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo