Súper célula de tormenta

Créditos da imaxe e copyright: Sean R. Heavey
Créditos da imaxe e copyright: Sean R. Heavey.

Explicación: é unha nave espacial ou unha nube? Aínda que poida parecerse a unha nave nodriza alieníxena, realmente é unha impresionante nube de tormenta denominada unha súper-celula. Tales sistemas de enormes tormentas móvense cara o centro de mesociclóns; correntes de aire ascendente en rotación que poden abarcar varios quilómetros e ceibar choiva torrencial e ventos elevados que inclúen tornados. As nubes esculpidas e dentadas adornan o bordo da súper-célula, mentres o vento que varre o po maila choiva dominan o centro. Unha árbore agarda con paciencia no primeiro plano. A nube de súper-célula superior fotografouse en xullo de 2010 ao oeste de Glasgow, (Montana, EUA), provocando danos menores e durou varias horas antes de marchar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman