Sospeitas dun océano global en Encélado

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA.
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA.

Explicación: parecen xirar algungas características da superficie coma unha cinta transportadora? Unha interpretación emerxente das fotografías tiradas da lúa máis explosiva de Saturno indican que así é. Esta forma de actividade tectónica asimétrica, moi estraña na Terra, probablemente contén pistas da estrutura interna de Enceladus, que pode conter mares baixo a superficie onde a vida podería ser quen de desenvolverse. Arriba fotografíase unha composición de 28 fotografías tiradas pola nave espacial automática Cassini en 2008 xusto despois de sobrevoar o orbe que cuspe xeo. A inspección destas imaxes amosa claros desprazamentos tectónicos nos que anacos grandes da superficie semellan moverse todos nunha dirección. Á dereita da imaxe aparece unha das maiores e prominentes divisións tectónicas: Labtayt Sulci, un canón cun quilómetro de fondo máis ou menos. A pequena magnitude do devalo de Encélado mentres orbita Saturno podería indicar o amortecemento debido a unha capa oceánica por baixo do solo estendida globalmente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo