Soles mozos de NGC 7129

Créditos da imaxe e copyright: Robert Gendler, Roberto Colombari, Eric Recurt, Adam Block. Datos adicionais: Subaru (NAOJ).
Créditos da imaxe e copyright: Robert Gendler,
Roberto Colombari, Eric Recurt, Adam Block. Datos adicionais: Subaru (NAOJ).

Explicación: os soles novos aínda se atopan dentro da poeirenta NGC 7129, a uns  3.000 anos luz de distancia cara a constelación real de Cepheus. Mentres estas estrelas teñen unha idade relativamente temperá, con só uns poucos millóns de anos, probablemente o noso propio Sol se formou nunha gardería estelar semellante hai uns cinco mil millóns de anos. O máis destacado desta imaxe definida son as adorables nubes de po azulado que reflicten a luz estelar xuvenil. Pero as formas compactas e vermello escura do crecente tamán son marcas dos potentes obxectos estelares novos. Coñecidos coma obxectos Herbig-Haro, a súa forma e cor é característico do gas hidróxeno brillante batidos polos chorros que flúen ao exterior desde as estrelas recén nadas. Os filamentos extensos e máis febles de emisión avermellada que se mesturan coas nubes azuis están provocadas polos grans de po que converten de xeito eficiente a invisible luz estelar ultravioleta en luz vermella visible por medio da fotoluminescencia. Ao final, o gas e po natais da rexión serán esparexidos, coas estrelas pairando mentres o cúmulo libre orbita o centro da galaxia. O procesado desta destacada imaxe composta desvelou os tenues fíos vermellos de emisión no extremo superior dereito. Recoñecéronse recentemente coma un probable remanente de supernova e actualmente están a seren analizadas por Bo Reipurth (Univ. Hawaii), quen obtivo os datos da imaxe no telescopio Subaru. Á distancia estimada de NGC 7129, esta imaxe telescópica abarca uns 40anos luz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo