Sharpless 249 e a nebulosa Augamar

Nebulosa Augamar
Créditos da imaxe e copyright: César Blanco González.

Explicación: a nebulosa Augamar, normalmente tenue e fuxidía, colleuse neste atraínte mosaico telescópico. A escena está ancorada a dereita e esquerda por dúas estrelas brillantes, Mu e Eta Geminorum, aos pés dos xémeos celestes, mentres a nebulosa Augamar é a crista de emisión máis brillante que se arquea con tentáculos colgantes por baixo e á dereita do centro. De feito, a augamar cósmica é parte do remanente de supernova IC 443, a nube de refugallos en expansión con forma de burbulla procedente dunha estrela masiva que explosionou. A luz da explosion chegou ao planeta Terra hai uns 30.000 anos. Coma a súa curmán de augas astrofísicas, o remanente de supernova da nebulosa do Cangrexo, a nebulosa Augamar é coñecida por aloxar unha estrela de neutróns, o remanente do núcleo da estrela que colapsou. O eido énchese cunha nebulosa de emisión catalogada coma Sharpless 249 na parte superior esquerda. A nebulosa Augamar está a uns 5.000 anos luz de distancia. A esa distancia, esta imaxe composta de banda estreita tería uns 300 anos luz de diámetro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns