Saturno en oposición

Saturno en oposición
Créditos da imaxe e copyright: Christopher Go.

Explicación: os observadores telescópicos da Terra foron agasallados recentemente con vistas espectaculares de Saturno mentres o planeta anelado acadaba a súa oposición o 23 de maio de 2015 ás 02:00 TU. Por suposto, oposición significa oposto ao Sol no ceo da Terra. Así que, preto da oposición, Saturno está no alto toda a noite, no seu intre máis achegado e brillante do ano. Estas imaxes definidas tiradas durante horas do aliñamento Sol-Terra-Saturno tamén amosan o potente brillo dos aneis de Saturno ou o efecto Seeliger mentres a oposición aumenta de súpeto. As partículas xeadas dos aneis, alumeadas directamente, non amosan sombras e difunden a luz solar directamente cara a Terra, creando un aumento espectacular e repentino do brillo. Actualmente Saturno fica no ceo non lonxe da brillante Antares, a estrela alfa da constelación Sagittarius.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns