
Explicación: as estrelas deixan os seus ronseis por riba e as luces urbanas espállanse por baixo desta paisaxe nocturna alumeada polo luar en Cidade do Cabo, Sudáfrica, planeta Terra. A forma ameazante da montaña Table case semella manter as luces terrestres a raia mentres as estrelas circundan o Polo Sur Celeste da Terra. Esta perspectiva moderna do ceo nocturno natural foi captada en xuño de 2014; a escena compúxose dunhas novecentas exposicións de 30 segundos, amoreadas. O espectacular resultado escolleuse como a gañadora na categoría “Contra as Luces”, unha escolma dunhas 800 entradas no concurso internacional de fotografías do ceo e a Terra The World at Night en 2015.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












