
Explicación: Juno acaba de rematar o seu cuarto paso preto de Xúpiter. A automática Juno, que engalou desde a Terra en 2011 e chegou a Xúpiter o xullo pasado, concluíu a súa última órbita elíptica ao redor do planeta máis grande do noso sistema solar hai 11 días. Esta fotografía do paso é unha nova imaxe en alta resolución do hemisferio sur de Xúpiter que amosa un tapiz enfeitizante de sistemas de nubes xiratorias. O terminador entre o día e a noite corta diagonalmente polo fondo, o que significa que o Sol se atopa por fóra da parte superior dereita. Pode verse o gran óvalo BA en laranxa no extremo dereito. Aínda se descoñecen as razóns dos detalles e cores dos remuíños de nubes de Xúpiter. A misión de seis anos planeada por Juno estudará o xigante xoviano de novos xeitos, incluíndo tentar determinar se por baixo das grosas nubes Xúpiter ten un núcleo sólido.