O Trío de Leo

O Trío de Leo
Créditos da imaxe e copyright: Philippe Durville.

Explicación: este popular grupo é recoñecido como o Triplete de Leo; unha reunión de tres galaxias magníficas no mesmo campo de vista. Moi agradecido aínda cando se olla con telescopios modestos, poden presentarse de xeito individual coma NGC 3628 (esquerda), M66 (fondo dereita) e M65 (arriba). As tres son grandes galaxias espirais pero tenden a parecer diferentes porque os seus discos galácticos están inclinados en ángulos diferentes á nosa liña de visión. NGC 3628 óllase de canto, con corredores de po escurecedor cortando o plano da galaxia, mentres os discos de M66 e M65 están ámbolos dous inclinados abondo para fachendear da súa estrutura espiral. As interaccións gravitatorias entre as galaxias do grupo tamén deixaron signos esclarecedores, que inclúen o disco inflado e retorto de NGC 3628 e os brazos espirais prolongados de M66. Esta vista espectacular da rexión abarca máis ou menos un grao (dúas lúas cheas) do ceo. O campo cobre uns 500 milleiros de anos luz á distancia estimada para o trío de 30 millóns de anos luz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados