O Sol en raios X desde o NuSTAR

O Sol en raios X desde o NuSTAR
Créditos da imaxe: NuSTAR, SDO, NASA.

Explicación: por que as rexións por riba das manchas solares están tan quentes? As propias manchas solares están un chisco máis frías que a superficie solar que as arrodea porque os campos magnéticos que as crean reducen o quecemento convectivo. Polo tanto é estraño que rexións por riba, incluso moito máis elevadas que a coroa do Sol, podan estar centos de veces máis quentes. Para axudar a atopar a causa, a NASA dirixiu o satélite Nuclear Spectroscopic Telescope Array (NuSTAR) que orbita a Terra para apuntar o seu telescopio moi sensible en raios X cara o Sol. Enriba amósase o Sol en luz ultravioleta, representado nunha cor azul ao igual que o fai o Solar Dynamics Observatory (SDO) en órbita. Superponse en cores falsas verde e azul as emisións por riba das manchas solares detectadas polo NuSTAR en franxas diferentes de raios X, de enerxías elevadas, salientando as rexións de temperatura extremadamente alta. Os indicios sobre os mecanismos de quecemento atmosférico do Sol poden non vir só desta imaxe inicial senón tamén de imaxes futuras do NuSTAR destinadas a atopar hipotéticas nanolabaradas, breves estoupidos de enerxía que poden dirixir o estraño quecemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns