Explicación: preme ou abanea para ollar unha vista espectacular de Marte tomada polo todoterreo Curiosity no decembro pasado. No primeiro plano, podemos ollar ao propio Curiosity, incluíndo o seu reloxo de Sol cheo de po. O todoterreo automático, comezando desde unhs sete metros atrás, pode ollarse pousando diante dunha duna de area negra e 5 metros de altura denominada Namib, unha das numerosas dunas que abarca o eido Bagnold. Afastado ao lonxe está o cumio do monte Sharp, cos seus 5,5 quilómetros de altura no centro do cráter Gale de 150 metros de diámetro, o cráter no que aterrou o Curiosity hai uns poucos anos. A composición publicada abarca uns 360 graos completos ao redor grazas a combinar varias fotografías tiradas o mesmo día, mentres o resultado axustouse nas cores para mimetizar a luz terrestre. Hogano, o Curiosity está a atravesar o Naukluft Plateau , rochoso e irregular, mentres continúa coa súa andaina ao redor e cara o monte Sharp.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK