O polo norte espiral de Marte

Créditos da imaxe: ESA/DLR/FU Berlin; equipo científico NASA MGS MOLA
Créditos da imaxe: ESA/DLR/FU Berlin; equipo científico NASA MGS MOLA

Explicación: por que hai unha espiral ao redor do polo norte de Marte? Cada inverno este polo desenvolve unha nova capa exterior dun metro de grosor máis ou menos composto de dióxido de carbono precipitado desde a fina atmosfera marciana. Esta capa recente deposítase sobre unha capa de xeo de auga que existe todo o ano. Os fortes ventos caen desde arriba do centro do casquete e xira debido á rotación do planeta vermello; contribuíndo á estrutura espiral de Planum Boreum. A imaxe publicada é un mosaico en perspectiva xerado a comezos deste ano a partires de numerosas imaxes tomadas pola Mars Express da ESA e as alturas extraídas desde o altímetro láser a bordo da misión Mars Global Surveyor da NASA. As novas misións planificadas a Marte nos vindeiros anos incúen a Insight, que prevé tradear o interior de Marte, e a ExoMars e o todoterreo Mars 2020 co plan de procurar signos de vida marciana microscópica; pasada e presente.

Conferencias de balde APOD: xaneiro 5 en NYC & xaneiro 9 en DC
Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo