O cometa mailo cúmulo estelar

Créditos da imaxe e copyright: José J. Chambó (Cometografia).
Créditos da imaxe e copyright: José J. Chambó (Cometografia).

Explicación: o cometa Linear chegou a ser abraiantemente brillante. O cometa, descuberto en 2000, sufriu un estourido que o fixo 100 veces máis brillante xusto unha semana antes cando pasou a só 14 distancias lunares da Terra, a finais do mes pasado. O cometa foi captado aquí a semana pasada cunha magnitude de 6; xusto brillante abondo para ser visto a ollo ceibe; pasando por diante do afastado cúmulo globular de estrelas M14. O cometa 252/P LINEAR é un dun grupo estraño de cometas que van e veñen entre a Terra e Xúpiter cada 5 anos. Descoñécese como evolucionará o cometa a partires de aquí, pero segue a haber grandes esperanzas de que fique coma un bo obxectivo para os binoculares dos ceos setentrionais durante a próxima ou dúas próximas semanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

Por que a Terra “incha” e “desincha” cada 20 minutos? Estas son as consecuencias do gran terremoto de Rusia

Tras o terremoto de magnitude 8,8 o 30 de xullo de 2025, a superficie terrestre experimenta oscilacións periódicas pola liberación de enerxía e movementos das ondas sísmicas

A Terra xirou máis rápido o 5 de agosto: así se explica este fenómeno

A rotación do planeta adiantouse 1,33 milisegundos, converténdoo nun dos días máis curtos do ano, resultado da combinación de factores atmosféricos, oceánicos e gravitatorios