Chorros desde o cometa Churyumov-Gerasimenko

Chorros desde o cometa Churyumov-Gerasimenko
Créditos da imaxe: ESA / Rosetta / MPS for OSIRIS Team; MPS/UPD/LAM/IAA/SSO/INTA/UPM/DASP/IDA.

Explicación: de onde proveñen as colas dos cometas? Aínda que é do común coñecemento que as colas e comas dun cometa teñen a súa orixe nos núcleos do cometa, o que acontece exactamente é aínda un tema activo de investigación. Unhas das mellores imaxes ata o de agora de chorros emerxendo aparece na fotografía amosada, tirada a finais de novembro pola sonda espacial automática Rosetta en órbita ao redor do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko (Cometa CG) e publicada o mes pasado. A imaxe sobreexposta amoxa columnas de gas e po que fuxen por numerosos lugares do núcleo do cometa CG mentres se achega ao Sol e quece. Aínda que o cometa CG está actualmente máis afastado do Sol ca Marte, a súa órbita chegará a ser case tan próxima como a Terra o vindeiro agosto, momento no que se agarda un incremento na súa actividade de emisión por un factor de máis ou menos 100. É probable que vexas algúns restos do núcleo cometario antes, pero doutro xeito, cando os anacos do tamaño da area rematen a súa viaxe ao través do Sistema Solar impactanto na atmosfera da Terra coma meteoros.
Case no hiperespazo: xerador aleatorio de APOD (en inglés).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns