A illa de Toralla e as praias de Vigo, vistas en 3D con LiDAR aéreo

O Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación (CACTI), da Universidade de Vigo, vén de presentar este modelado 3D da illa de Toralla e as praias de Canido, O Vao e Samil. Os datos para este modelo foron seleccionados, descargados, procesados e editados pola Unidade de Detección Remota do CACTI a partir de sete nubes de puntos individuais (formato LAZ=LAS comprimido) de LIDAR-PNOA cedido polo Instituto Geográfico Nacional de España.

O CACTI é unha aposta da Universidade de Vigo pola investigación básica e aplicada de calidade no ámbito nacional e internacional. Ten como obxectivo a adquisición, xestión e utilización centralizada de grandes equipamentos científicos para cubrir as necesidades dos grupos de investigación da Universidade que non poden adquirilos polo seus propios medios e son indispensables para unha investigación con recoñecemento internacional. Debido á dimensión de servizo público, o CACTI tamén oferta os seus servizos a outras institucións públicas e a empresas. Cubre os servizos máis punteiros da investigación científica: Determinación Estructural e Proteómica, Nanotecnoloxía e Análise de Superficies, Microscopía Electrónica, Desenvolvemente Sostible e Seguridade Alimentaria (en Ourense), Teledetección e Talleres de Mecanizado e Electrónica.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Guía para reciclar en Vigo: que vai en cada contedor e que non?

A cidade conta con sete contedores para separar vidro, papel e cartón, envases, materia orgánica e outros residuos

Por que os vapers lle cambiaron a voz a Selena Gómez? O (pouco) que se sabe dos cigarros electrónicos

A docente da USC Julia Rey explica que conteñen substancias canceríxenas tamén presentes no tabaco convencional

Un estudo identifica as claves xenéticas da “adaptación evolutiva única” das píntegas das Illas Atlánticas

A UVigo participou na investigación, que achou que en dúas localizacións do parque nacional as femias dan a luz crías terrestres, en lugar de larvas acuáticas

A borrasca Austen activa a alerta laranxa en Galicia por ondas que poderán superar os sete metros

Trátase da segunda das tres frontes atlánticas que pasarán por Galicia esta semana, coa terceira prevista para o domingo