O cometa 45P de volta

Créditos da imaxe e copyright: Fritz Helmut Hemmerich
Créditos da imaxe e copyright: Fritz Helmut Hemmerich

Explicación: un cometa antigo voltou ao interior do Sistema Solar. Non é só que o cometa 45P/Honda–Mrkos–Pajdušáková sexa antigo fisicamente, descubriuse por primeira vez hai 13 órbitas en 1948. O cometa 45P pasa a maior parte do seu tempo preto da órbita de Xúpiter e achegouse por última vez ao Sol en 2011. Porén, durante os últimos meses, o novo mergullo do cometa 45P cara o Sol brillou de xeito considerable. Hai dous días, o cometa pasou a parte máis achegada ao Sol da súa órbita. O cometa pode ollarse actualmente con prismáticos sobre o horizonte occidental xustro tralo solpor, non lonxe do moito máis brillante planeta Venus. Na fotografía, o cometa 45P foi captado a semana pasada amosando unha longa cola iónica son estrutura impresionante. O comet 45P pasará a primeiros do vindeiro mes relativamente achegado á Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo