O ceo desde Mauna Kea

Volcán Mauna Kea
Créditos da imaxe e copyright: Shane Black Photography.

Explicación: que pasaría se puideses ficar no cumio dun volcán e ollar ao universo?  Se o momento é o correcto, poderías mirar unha panorámica abraiante como o que se amosa aquí. Neste caso, o volcán é o Mauna Kea de Hawai, e o momento era unha noite clara do verán pasado. No primeiro plano desta panorámica que apunta ao sur está unha paisaxe escarpada moteada de rochas. Lixeiramente por riba e máis lonxe, unha manta branca de nubes espállase horizontalmente ata o horizonte, como se dividise o ceo da Terra. As luces da cidade alumean as nubes mailo ceo no extremo esquerdo, mentres a lava laranxa da caldeira volcánica do Kilauea alumea ás nubes xusto á esquerda do centro. O cumio doutro volcán de Hawai aínda máis afastado, o Mauna Loa, pode verse perfilado escuro preto do horizonte central. A luminescencia verde óllase por riba das nubes, provocada polas moléculas de aire excitadas polo Sol durante o día. A Lúa é o orbe brillante da dereita. Unha banda difusa de luz zodiacal coloreada esténdese desde o extremo dereito. Máis lonxe, a impresionante franxa central da nosa galaxia Vía Láctea semella erguerse verticalmente desde Mauna Loa. A persoa que presenzou e gravou esta panorámica espectacular fica diante túa, no centro da imaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais